Fíos

Sinopse

 

Un taller de costura dirixido por unha peculiar modista é o espazo onde se desenvolverán historias que van acariñar os nosos oídos. A protagonista de Fíos cose e cose sen parar mentres recibe visitas que agarda e outras inesperadas. Todas veñen pedíndolle axuda. A través das súas puntadas descubrirá personaxes que colgan de Fíos e que queren viaxar, soñar, namorarse e contar os seus máis tenros segredos.

 

En Fíos as personaxes non nos deixarán indiferentes porque aparecen para deixarnos mensaxes, sentimentos e reflexións.

 

A montaxe

 

Con Fíos Baobab Teatro abre unha nova liña de espectáculos para emocionar, sentir e soñar.

A montaxe nace do corazón de todas as persoas que traballan ou traballaron nel (que non son poucas) e do que cada unha delas deixou de si nela. Cunha posta en escena aparentemente sinxela, Baobab Teatro tece un espectáculo cheo de emoción e maxia, porque as historias que permanecen son as que lembramos.

 

Duración: 50"

Recomendado para nenos e nenas a partir de 4 anos. Apto tamén para adultos que se atrevan a soñar coma nenos.

 

Trailer

 

Ficha artística

 

Dirección:

Óscar Ferreira, Andrea Bayer

Dirección de manipulación:

Óscar Ferreira

Actriz e titiriteira:

Andrea Bayer

Voces en off nenas:

Uxía, Aroa e Carlota

Voces en off:

Óscar Ferreira, Andrea Bayer e Luis Bayer

Deseño de escenografía:

Ideas ambulantes (Begoña Paz e María Paz) e Óscar Ferreira.

Vestiario:

Mª Teresa LLoves, Lolita Lago

Escenografía:

María Paz, Begoña Paz e Óscar Ferreira

Deseño de iluminación:

Daniel Abalo

Música:

Elena Paz, Xosé Liz e Diego Paz

Deseño de atrezzo:

Ideas Ambulantes (Begoña Paz e María Paz), Óscar Ferreira

Monicreques e atrezzo:

Ideas Ambulantes (Begoña Paz e María Paz), Óscar Ferreira

Deseño e publicidade:

Ovo Publicidade (Ismael Calvo, Luz Pérez)

Guión:

Andrea Bayer

Iluminación e son:

Daniel Abalo

Material Audiovisual:

Sara Alonso