Babs

BABS

 

Sinopse

Hai planetas e planetas, e está Babs. Babs é un planeta moi, moi pequeno que só ten tres habitantes: Mamá, papá e Babo. Babo é un ser moi, moi pequeniño, el quere descubrir o mundo, papá e mamá teñen medo e protéxenno.

Mamá e papá non queren que lle pase nada malo a Babo e sempre din NON, pero Babo necesita investigar, descubrir e explorar. Babo explora tanto que desaparece.


Información sobre o espectáculo

Un día Baobab teatro soñou cun mundo visual, estético, musical e de bonitas palabras, ese mundo é "Babs".

"Babs" é un espectáculo para os máis pequenos, bebés, un espectáculo onde puxemos toda a nosa creatividade, as nosas ilusións e a nosa experiencia para que os máis pequenos poidan espertar os seus cinco sentidos e teñan as súas primeiras sensacións.

"Babs" é unha experiencia máxica para os bebés e familia, onde os máis pequenos da casa poderán gozar con divertidos e suaves personaxes, formas, cores e volúmenes diversos, nunha peza na que a tenrura é a protagonista.

Babs é un espectáculo tenro e acolledor para gozar en familia.

 

Recomendado de 1-6 anos. Duración 40 minutos

Babs

© Baobab Teatro S.L.