É un espectáculo de teatro e contos.
- Algunha vez vimos a un conto bailar? Seguro que si.
- Por que os contos bailan? Porque queren xogar.
- Cando bailan? Iso témolo que adiviñar… Abride os contos e escoitade, só temos que estar atentos para saber cando queren bailar.
Andrea ea, ea chega coa súa maleta disposta a desvelarnos un segredo, os seus contos bailan, descubriuno un día por casualidade e agora non deixan de bailar pero para iso precisan escoitar música e contos.
Bailando cos contos presenta un espectáculo que vai fiando diferentes contos, todos relacionados co baile, a música ou as cantigas.
Espectáculo dinámico e divertido, recomendado para nenos e nenas a partir de 4 anos.