Diario de Pontevedra martes, 1 de Abril de 2014
“Baobab Lánzase a conquistar o espazo sideral dende Pontevedra.
A Compañía estrea hoxe a súa ultima montaxe, ‘Martes’, dentro da programación do Salón do Libro Infantil e Xuvenil.
BELÉN LÓPEZ
PONTEVEDRA.[…] A compañía pontevedresa Baobab estrea hoxe a súa última montaxe, ‘Martes’, «coa que volvemos a dirixirnos aos nenos máis pequerrechos, os de entre un e seis aniños», conta a fundadora do grupo. A obra, que se poderá ver hoxe e mañá*, ás 18.30 horas, no Pazo da Cultura, é un dos pratos fortes da programación do Salón do Libro Infantil e Xuvenil, que encara a súa última semana de programación superando os 20.000 visitantes”.