Pontevedra, 18 de Abril de 2017
A compañía Pontevedresa Baobab Teatro, especializada en teatro infantil para nenos e nenas e público familiar foi seleccionado pola Junta de Andalucía dentro do programa “Abecedaria 2017” e estará este mes de Abril con seu espectáculo Luppo,(espectáculo premiado na Feira de Teatro de Castela e León 2015) de xira por Andalucia.
18 de Abril: San Roque ás 10:00h e ás 12:00h no Teatro Juan Luis Galiardo
19 de Abril: Tarifa ás 10:00h e ás 12:00h no Teatro Municipal Alameda
20 de Abril: Conil de la Frontera ás 10:00h e ás 12:00h na Casa da Cultura -Teatro Municipal
21 de Abril: Puerto de Santa María de Cádiz ás 10:00h e ás 12:00h no Teatro Municipal Pedro Muñoz Seca
23 de Abril: Rota ás 18:00h no Teatro Municipal Alcalde Felipe Benítez
25 de Abril: Chiclana ás 10:00h e ás 12:00 no Teatro Moderno
Luppo é un espectáculo de sentimentos e emocións pensado para adultos e pequenos a partir de 4 anos, que fala do ciclo da vida, do apego coas persoas, da relación cosnososveciños e maiores e da importancia das historias que construímos ao longo da nosa existencia.
En Luppo, a dirección está a cargo de Óscar Ferreira e sobre o escenario estarán Andrea Bayer, actriz e dramaturga e Xosé Manuel Esperante, actor cunha ampla experiencia teatral, cinematográfica e televisiva. Daniel Abalo é o encargado do deseño de luz e son, na escenografía Óscar Ferreira e o guión a cargo de Andrea Bayer.