Fíos

FÍOS


Sinopse

Un taller de costura será o responsable de que diferentes historias acariñen os nosos oídos. Unha modista que cose e cose recibe visitas esperadas e outras inesperadas pedíndolle axuda, coas súas puntadas descubrirá personaxes que penden de Fíos e queren viaxar, soñar, namorarse e contar os seus segredos.

En Fíos as personaxes non nos deixarán indiferentes porque aparecen para deixarnos mensaxes, sentimentos ou reflexións. Así, coñeceremos ao Lobo, un lobo tenro que só se quere namorar; Dona Margarita que viaxará nun globo en busca dos seus pensamentos e Tito que descubrirá que quere ser de maior.


Información sobre o espectáculo

Fíos fois seleccionada na XV Feria de teatro de Castilla y León (Ciudad Rodrigo).

Fíos é un espectáculo para soñar e non esquecer, porque din que as historias perduran cando as gardamos na nosa memoria e de vez en cando as recordamos para contarllas aos nosos seres queridos.

Este espectáculo nace do corazón de todas as persoas que traballaron nel, que non son poucas e cada unha delas deixaron parte de si. Aparentemente sinxelo, só nós, os que estamos detrás, sabemos os segredos que gardamos, palabras que quedaron nos caixóns, deseños que se transformaron, carteis que agardan para saír á rúa, músicas e melodías voando nun espazo aínda sen habitar, luces reducidas a un espazo máis real...

Fíos é un espectáculo recomendado para nenos e nenas a partir de 4 anos, apto tamén para os maiores que queiran soñar coma nenos.

Fíos (Baobab Teatro)

© Baobab Teatro S.L.