Trala ampla aceptación de público, o Festival dás Núbebes volve a Pontevedra coa súa segunda edición.
Núbebes manterá a súa esencia, reunindo unha selección de espectáculos das artes escénicas orientados especialmente aos bebés (de 0 a 4 anos) e as súas familias pero con algunha que outra novidade.
Como na súa primeira edición tamén haberá tempo para todo tipo de actividades tales como obradoiros, teatro e danza.
O festival levarase a cabo este ano durante duas fins de semana: do 19 ao 21 e do 26 ao 28 de Setembro en diferentes espazos da cidade como a Casa dás Campás, o Teatro Principal, a Facultade de Belas Artes, a praza de España ou a Casa Azul entre outros.
O vindeiro martes 2 de setembro será a presentación do festival co programa definitivo de actividades.