Os obxectivos son:

3ª EDICIÓN DO FESTIVAL DAS NÚBEBES

(18, 19, 20, e 25, 26, 27 de setembro de 2015)

DESCARGA AQUÍ ---->  PROGRAMA DO FESTIVAL DAS NÚBEBES 2015


O “ Festival das Núbebes” é o primeiro Festival de artes escénicas  para bebés e familia de toda Galicia, promovido polo concello de Pontevedra e coordinado por Baobab Teatro.

Este festival aparece despois de observar a demanda cada vez maior de actividades para estas idades, e nace coa idea de darlle continuidade ano tras ano e crear así un programa de referencia en Pontevedra e en toda Galicia.

Queremos rodear aos nosos pequenos ─e aos seus papás/mamás─ de cousas bonitas e achegalos ao arte desde que nacen.

Esta edición chegará cargada de novidades, con máis oferta para dar cabida a máis participantes. Estade atentos/as ás novas que colgaremos nesta web, na nosa páxina de Facebook e na páxina de Facebook do Festival das Núbebes.


Se es profesional do sector, se tes unha compañías de teatro, danza, animación..., xa está aberto o prazo de recepción de propostas de espectáculos e obradoiros para bebés.

Podes remitirnos o teu proxecto e/ou mostra do teu traballo ou espectáculo á dirección de email contacto@baobabteatro.com ou, se o prefires, por correo postal á: Baobab Teatro, rúa Real, 12 1ºD, Pontevedra.
Valoraremos de forma positiva que nos acheguedes documentación audiovisual, ben sexan enlaces a vídeos online ou en soporte físico do espectáculo/proposta.

 

Promo Festival das Núbebes 2015 from BAOBABTEATRO on Vimeo.

 

Convite Festival das Núbebes 2013

 

 Convite Festival das Núbebes 2014

FESTIVAL DAS NÚBEBES