PREMIO AO MELLOR ESPECTÁCULO INFANTIL na Feira de Teatro de Ciudad Rodrigo 2015
CANDIDATO aos Premios Max 2016 na categoría de "Mellor Autoría Teatral"
Luppo é un espectáculo que fala do ciclo da vida, do apego cara a ás persoas que nos rodean, en particular cara aos nosos maiores, e da importancia das historias que construímos ao longo da vida.
Sinopse
Luppo é un home maior que vive só e todos os días, ás doce en punto do mediodía, acende o seu gramófono e escoita ópera. Sempre a mesma canción.
Ten un amigo, Tulún, un neno que tamén todos os días lle leva o pan, as especias e o xornal. E todos os días Luppo lle relata unha historia da súa vida a Tulún. Unha mañá Tulún chega coa compra e Luppo non está...
Información do espectáculo
Ten unha duración aproximada de 50 minutos nos que actores/manipuladores comparten escenario cos personaxes, monicreques construídos integramente en cartón, ao igual que o resto da escenografía e atrezzo. O cartón, material cotián, vulgar e a priori sen atractivo, cobra relevancia en Luppo para, partindo da súa sinxeleza, definir un espazo que como a historia de Luppo, é cálido, acolledor e familiar.
Está pensado para pequenos a partir de 4 anos e para adultos.
Co aopoio de