Mai Mai

"Mai Mai" é a historia do último  Oso Panda do planeta e a súa loita por sobrevivir, a falta de comida e os problemas ocasionados polo  quentamento global fan difícil a supervivencia desta especie. Unha muller forte e emprendedora e un famoso fotógrafo comezan unha viaxe por separado para atopar o último Panda do planeta, toda unha aventura na que se atoparán unha chea de problemas que solventar….

Unha historia tenra e moi divertida onde se mestura o amor, a codicia, o éxito e a concienciación medioambiental. Unha historia que fala de revolución,  que plasma o empoderamento da muller e nos fará meditar sobre o que estamos a facer con nós e co noso planeta.

 

 Co apoio de

 

© Baobab Teatro S.L.