Martes

Sinopse

Érase unha vez unha galaxia, a galaxia Leo T formada por planetas, estrelas e Martes. Martes é un ser espacial que vive entre a lúa e as estrelas, gústalle xogar con elas e nunca, nunca se afasta.

Martes tenlle  medo ao lobo, aos monstros, aos tronos, aos peidos... por iso nunca saíu da lúa, durme no seu regazo e sácalle brillo para non quedar a escuras. Martes naceu un martes de lúa chea, algúns din que é fillo da lúa pero iso non o sabemos. Ten un amigo, “Pin”, co que xoga sen parar.

Un día un monstro come as súas estrelas e a Pin. Martes terá que enfrontarse ao seus medos para poder salvar as estrelas e ao seu amigo, para iso inicia unha viaxe máis aló do sol e de camiño coñecerá divertidos e estraños personaxes.

 

Información do espectáculo

Martes é unha obra feita coa técnica coñecida como luz negra: unha iluminación especial fai posible que os manipuladores fiquen agochados da vista do público, ao tempo que teñen liberdade absoluta para conducir os movementos dos monicreques que semellan flotar no aire como por arte de maxia.

Foi seleccionada na Feria Europea de Artes Escénicas para Niños y Niñas 2015 (FETEN) e está recomendado pola Red Española deTeatros, Auditorios, Circuitos y Festivales, a Red Sarea do País Vasco e tamén forma parte do Catálogo Platea 2015. 


Está recomendada para nenos/as de 2 a 7 anos pero tamén para adultos dispostos a desfrutar coma nenos/as.

Co apoio de

MARTES de Baobab Teatro

© Baobab Teatro S.L.