Pum, Pum!


IDEA ORIXINAL

Pum, Pum! É o novo proxecto ó que nos enfrontamos con moita ilusión e entusiasmo, partimos de varias premisas de: preocupación, investigación, sensibilidade e innovación.

Baoabab Teatro presenta unha peza teatral acolledora, chea de tenrura, moito simbolismo de conto e moita maxia.

SINOPSE

Marieta é unha nena coma calquera nena de 5 anos, ela está rodeada de portas, portas que se abren e contan historias, historias que teñen música e cantan cando Marieta quere,  pero Marieta ten unha porta que garda un segredo. Un segredo que nunca contou e que ninguén escoitou.

Pum Pum é un espectáculo tenro para nenos/as a partir de 5 anos  que fala de historias cotiás que lles pasan aos nenos/as destas idades, pero tamén fala dunha mensaxe clara: dende moi pequenos deben saber que ninguén lles pode obrigar a facer cousas que non queren.

SOBRE O ESPECTÁCULO

En Pum, pum! Presentamos varias técnicas: monicreques, teatro de actor, máscaras e sombras.

A música é orixinal e creada para o espectáculo e interpretada en directo.

É un espectáculo onde o guión ofrece diferentes lecturas, según quen o estea vendo: Para os pais/nais lánzase unha mensaxe, hai que estar atentos aos nosos/as fillos/as e sobre todo, transmitámoslles que ninguén pode facer nada sen o seu consentimento; para os/as  nenos/as, lanzamos unha mensaxe, non gardes un mal segredo, cóntao e pesará menos.

Este espectáculo está pensado para público familiar e nenos/as a partir de 4-5 anos

 

 

 

 

Pum, Pum! Trailer.

© Baobab Teatro S.L.