O novo espectáculo de Baobab Teatro, “Pum pum!”, despois de ser seleccionado e representado na Mostra de ARTES ESCÉNICAS DE GALICIA, pasou a ser seleccionado de entre máis de 1000 propostas a nivel internacional na “XX Feria de Teatro de Castilla y León – Ciudad Rodrigo”. A compañía volveu a Ciudad Rodrigo dous anos despois de obter o“PREMIO ao MELLOR ESPECTÁCULO INFANTIL” polo seu espectáculo “Luppo”.
A nova peza teatral, a cargo de Óscar Ferreira e Andrea Bayer, está chea de agarimo, ternura e moito simbolismo trasmitíndolle unha mensaxe aos nenos/as que non se pode ter segredos con papá e mamá, está recomendado a partir de 4-5 anos.
Este espectáculo con música en directo, monicreques e teatro de actor verase dende o 22 e 26 agosto de 2017 na XX Feira de Ciudad Rodrigo. Por esta edición pasarán 44 compañias que ofrecerán outros espectáculo de diferentes xéneros e categorías.
Para ver máis preme nos seguintes enlaces: