Quen somos?

Somos unha compañía de teatro que aposta polo teatro infantil de calidade.
Traballamos cun compromiso claro coa infancia e por iso cada proxecto é un novo reto que afrontamos con ilusión e moito cariño coidando desde o principio ata o máis mínimo detalle.
Apostamos por espectáculos para emocionar, cargados dunha forte poética e sinxeleza.

Óscar Ferreira

Óscar Ferreira

 

Conta cunha amplísima experiencia como titiriteiro, construtor de monicreques e escenografías. Ten participado en diferentes espectáculos teatrais como: “Que medo, que medo”, “Golulá” , “Babiliglub”… así como programas de T.V: Luar, Nika, Cousiñas, Os Bolechas…

Andrea Bayer

Andrea Bayer

 

A súa carreira é longa e dilatada. Dirixiu e interpretou espectáculos como “Golulá” (Premio ao mellor espectáculo Infantil na X Feria de Ciudad Rodrigo, Premio ao espectáculo máis innovador na XXIV Mostra de Teatro de Rivadavia, Espectáculo mellor valorado polo público infantil na IX edición da Programación de Domingos do Principal 2008), Babiliglub (Participou en Fetén 2008), Rosalía, a pulga que escribía

No 2012 acadou unha Mención de Honor no III Concurso Internacional “Cuento en corto” organizado pola Red Internacional de Cuentacuentos y la Escuela de Escritores de Madrid.

© Baobab Teatro S.L.