Contos con Roque

Roque está moi nervioso porque vai emprender unha aventura moi especial. Na súa maleta leva todo o que necesita para sentirse máis valente: contos, xogos e obxectos cheos de maxia que irán aparecendo ao longo do espectáculo. Unha proposta divertida, participativa e chea de imaxinación para viaxar sen saír do sitio.

Espectáculo de contos en interior a partir de 1 ano.

© Baobab Teatro S.L.