"Palabras" nace da necesidade de dar continuidade aos proxectos de investigacion sobre a nosa lingua galega,"Puño Puñete" e "Ris Ras".
É un espectáculo que coma nos anteriores, nos fará viaxar a través da música, xogos, enredos e historias tradicionais.
Partimos de cantigas con xogos de repetición e de contos musicalizados como:
Ola mamá, ola papá!
Pequeniño e Medianiño
Unha Carapucha.
Tres Porquiños.
O carballo.
Sete.
Adeus mamá, adeus papá!
"Palabras" é un espectáculo para enredar, rir e bailar, un espectáculo musical e teatral para os máis pequenos/as da casa onde a palabra e as brincadeiras están presentes para levarnos á tradición oral galega.
O espectáculo está pensado para os/as máis pequenos/as, de 1 a 8 años.
A súa duración é de 45 minutos